Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2025

Convocatoria de xaneiro 2026

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Xaneiro 2026

As persoas interesadas poden realizar a preinscrición os días 15, 16 e 17 de decembro.

ACTIVIDADES DA CONVOCATORIA XERAL

  • Preinscrición: 15, 16 e 17 de decembro
    • Realizarase preferentemente en liña, cubrindo o formulario: Formulario de preinscrición en actividades . Este formulario estará dispoñible desde as 8:00 h do luns 15 de decembro ata as 23:59 h do mércores 17 de decembro.
    • As persoas que non conten con acceso a Internet poderán realizar a preinscrición de maneira telefónica no número de teléfono 857 890 628 (*) durante as datas de preinscrición sinaladas anteriormente e en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16:00 ás 20:00 h.
    • Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
    • Toda a programación, detallada por centro cívico, pode consultarse na páxina web de cada centro premendo na seguinte ligazón Actividades Convocatoria Xaneiro 2026 .
    • Cando se realice a preinscrición, á hora de cubrir o formulario, deberá escoller o método de pago: en liña (con tarxeta de crédito) ou presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria).

(*) Este teléfono non é un número de atención e información sobre as actividades programadas, neste teléfono unicamente se recollerá a información necesaria para formalizar a preinscrición.

  • Publicación das listaxes provisionais de preinscricións:
    • 26 de decembro. As listaxes poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono 010.
  • Reclamacións ás listaxes de preinscricións:
    • 29 de decembro, a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16:00 ás 18:00 h.
    • As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
  • Sorteo:
    • 30 de decembro, en cada centro cívico ás 10.00 h.
  • Publicación das listaxes de admisións e de espera
    • 13 de xaneiro. Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono 010. Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.
  • Prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas

    • Do 14 ao 18 de xaneiro.
    • A cota das actividades regúlase na Ordenanza número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización, que terán carácter gratuíto.
    • Realizarase preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades do 14 ao 18 de xaneiro 2026. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.
    • Nas listas de persoas admitidas e de espera figurará un código, o cal haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pago en liña. Este código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada, polo que cada actividade terase que aboar por separado.
    • Se o pago se realiza presencialmente, debe imprimir a carta de pago e presentala na entidade bancaria ou realizar o pago a través de caixeiro.
    • O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: Abanca e Banco Santander.
    • Unha vez pagado na entidade bancaria, NON hai que entregar na conserxería O XUSTIFICANTE, xa que se envorcarán todos os datos de pago telemático (en liña e entidade bancaria), excepto as persoas que paguen na oficina municipal da Franxa, que só neste caso se debe achegar o xustificante de pago no centro cívico correspondente.
  • Xestión lista de espera
    • As listas de espera das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserxería do centro cívico correspondente a partir do 22 de xaneiro.
    • As persoas admitidas, a partir da listas de espera, deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pago establecido anteriormente.
  • Data de inicio e fin de actividades
    • A partir do 26 de xaneiro ata o 13 de xuño.
  • Información importante
    • Cada actividade ten unha clasificación diferente por idade: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería (cumprida no momento de realizar a preinscrición) á clasificación será: Infancia de 4 a 12 anos, Mocidade de 13 a 17 anos, Interxeracional a partir de 18 anos e Maiores a partir de 65 anos.
    • Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis ou horario (iniciación ou perfeccionamento, grupo 1 ou grupo 2, mañá ou tarde etc.,) considéranse unha mesma actividade, e só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, ambas quedarán anuladas.
    • As actividades que teñan nivel Iniciación están destinadas unicamente para aquelas persoas que non contan con coñecementos previos no que á actividade se refire, é dicir, que se inician na actividade.
    • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

CLUBS, actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias

  • Preinscrición
    • 15, 16 e 17 de decembro.
    • As preinscricións realizaranse de maneira presencial nas conserxerías dos centros nos que se imparte o club, en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.
  • Publicación das listaxes provisionais de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos
    • 26 de decembro
  • Reclamacións ás listaxes de preinscricións
    • 29 de decembro, a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16:00 ás 18:00 h.
    • As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
  • Sorteo
    • 30 de decembro, en cada centro cívico ás 10.00 h.
  • Publicación das listaxes de admisións e de espera
    • 13 de xaneiro. Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono 010.
  • Prazo de inscrición
    • Do 14 ao 18 de xaneiro.
    • As persoas admitidas nos clubs, CONFIRMARÁN A PRAZA (de maneira presencial ou por teléfono) no centro cívico onde resultaron admitidas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión