9 de decembro de 2015
A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña fallou a V Edición do concurso de viñetas: Sen adiccións...un bo plan, para a promoción do lecer saudable en mozos/as.
Os premios serán entregados aos premiados e aos seus respectivos centros escolares, o día 14 de decembro ás 11:00 horas no Concello da Coruña pola Concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán.
O xurado da V Edición do concurso de viñetas “Sen adicción…un bo plan”, para promoción do lecer saudable en mozos/as, composto por:
Reunido o día 2 de decembro ás 13:00 h, procedeu a valoración das viñetas presentadas polo alumnado de centros escolares da cidade, e fallou como premiadas as viñetas deseñadas polas seguintes participantes e os seus centros escolares:
Categoría 1 (mozas e mozos que cursan 1º e 2º de ESO): Antía Pardo López, de doce anos, que cursa 1º de ESO no CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco da Coruña.
Na súa viñeta expresa de forma dual, que a diversión e un “bo plan” non ten porqué ir ligado ao uso de redes sociais ou elementos electrónicos que usados incorrectamente poden crear condutas adictivas, senón que levando a cabo outras actividades e hábitos tamén pode haber un bo plan.
Categoría 2 (mozas e mozos que cursan 3º e 4º de ESO):
David Pérez Praza, de 14 anos, que curso 3º de ESO no IES. Eusebio da Garda.
No traballo presentado, o autor respecta o deseño da viñeta clásica, expresando nun golpe visual o significado do que quere reflectir nela, esquematizando a formulación da idea dunha forma directa, acompañándoa de dúas frases simples que complementan a viñeta e que sintetiza a temática do concurso.
Así mesmo, ante a calidade -tanto na forma como no contido- de todas as viñetas presentadas, o xurado decidiu premiar cun accésit, en ambas as categorías, as viñetas dos seguintes participantes e centros escolares:
Accesit categoría 1 (mozas e mozos que cursan 1º e 2º de ESO):
Xullo García Tenorio, que cursa 1º de ESO no Colexio Santo Domingo da Coruña.
Na súa viñeta expresa, de forma humorística e expresiva, os prexuízos do consumo do tabaco e o beneficio de elixir unha vida máis sa.
Accesit categoría 2 (mozas e mozos que cursan 3º e 4º de ESO):
Mariña Aradas Cedeira, de 15 anos, que cursa 4º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.
Na súa viñeta reflicte de forma visual o rexeitamento ás adiccións e a elección de hábitos saudables como alternativa para un bo plan. Utiliza varias técnicas artísticas na propia viñeta e penétrase no deseño en varias dimensións.
As viñetas gañadoras pasan a ser propiedade do Concello da Coruña e poderán ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención que leven a cabo, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo ou preventivo organizadas pola Concellería de Xustiza Social e Coidados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible