Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2025

Proposta de resolución provisional da convocatoria de bolsas comedor 2025/2026

Curso escolar 2025/2026

Hoxe publícase no Taboleiro de Anuncios e Edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pago de comedores escolares no curso escolar 2025/2026.

Nesta publicacion, pódense consultar tres documentos:

  • Listaxe total de solicitudes presentadas na convocatoria 2025/2026 e expediente individual asociado. Esta listaxe identifica a totalidade das solicitudes segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro.

  • Anuncio proposta de resolución provisional, que contén lenda explicativa para a consulta da listaxe de concesión provisional.

  • Listaxe proposta provisional da Bolsa Comedor 2025/2026

As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar (setembro), unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.

As persoas interesadas poderán facer alegacións do 18 de xullo ao 1 de agosto (ambos incluídos), as cales se poderán presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión