Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xullo de 2026

Proposta de resolución provisional da convocatoria de bolsas comedor 2026/2027

Curso escolar 2026/2027

Publícase no Taboleiro de Anuncios e Edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2026/2027.

Nesta publicacion, poden consultarse tres documentos

  • Listaxe total de solicitudes presentadas na convocatoria 2026/2027 e expediente individual asociado. Esta listaxe identifica a totalidade das solicitudes segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro.

  • Anuncio proposta de resolucion provisional, que contén lenda explicativa para a consulta de listaxe de concesión provisional.

  • Listaxe proposta provisional Bolsa Comedor 2026/2027.

As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.

As persoas interesadas poderán facer alegacións do 9 de xullo ao 22 de xullo (ambos os días incluídos).

As alegacións poderán facer referencia á existencia de erros na puntuación obtida, a proposta de denegación da axuda ou outras circunstancias sen que poida realizarse nesta fase do procedemento a corrección de documentación requirida anteriormente se non se atendeu ao requirimento, nin achegar en fase de alegacións nova documentación que non obrase xa no expediente e poida dar lugar a un cambio da puntuación inicial.

Preséntanse en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión