Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os centros cívicos realizarán saídas culturais durante o mes de maio
As saídas culturais (excursións) dos centros cívicos están dirixidas a persoas de 50 anos ou máis.
Poderanse reservar 2 asentos por solicitante e o horario da saída do autobús de cada unha delas será ás 9.30 h, da parada marcada para cada centro.
Os días, destinos e centros cívicos das excursións son os seguintes:
Luns 26 de maio: Monforte de Lemos. Centros cívicos de Monte Alto, Cidade Vella, San Diego, Castrillón, Os Rosales, Novo Mesoiro, Eirís e O Birloque.
Martes 27 de maio: Ribadavia. Centros cívicos de Novoboandanza, Sagrada Familia, Artesáns, Elviña, Monelos, Palavea, Castro de Elviña, S. Pedro de Visma, Pescadores, Feáns, A Silva, Santa Lucía e Santa Margarita.
As prazas para cada unha das saídas poderanse solicitar de maneira presencial en cada un dos centros cívicos anteriores.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible