22 de outubro de 2025
Todas as actividades son gratuítas e é necesario preinscribirse previamente no centro cívico onde se vai a realizar a festa ou actividade a partir do 25 de outubro.
Con motivo da conmemoración do Samaín, programaranse 13 festas e 9 talleres para menores de 4 a 12 anos nos centros cívicos munipales. Todas as actividades son gratuítas e é necesario preinscribirse previamente, a partir do 25 de outubro, no centro cívico onde se vai a realizar a festa ou o taller.
Todos/as os/as menores que acudan á festa deberán estar acompañadas dunha persoa adulta responsable dos mesmos. Celebraranse nos centros cívicos de Castrillón, Mesoiro, Rosales, Elviña, Palavea, Cidade Vella, San Diego, Monelos, Monte Alto, Eirís, Mallos, Birloque e Novoboandanza.
Para menores de 4 a 12 anos. Realizaranse nos centros cívicos de Pescadores, Santa Margarita, Artesáns, San Pedro de Visma, Sacra Familia, A Silva, Castro de Elviña, Santa Lucía e Feáns.
Todas as festas e talleres son gratuítos. As prazas outorgaranse por orde de inscrición nos propios centros ata completar o aforamento.
Nos documentos que se poden descargar ao final desta noticia, pódese consultar os días de realizacion e horario de todas as festas e talleres.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible