Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Publicación dos números dos sorteos de campamentos de Nadal de 2025
Todas as nenas e nenos que solicitaron praza pola quenda xeral, tanto no horario ordinario como no ampliado, obtiveron prazas a excepción de:
Centros de Castro de Elviña, Feáns, O Birloque, Palavea, Pescadores, Sagrada Familia, San Pedro de Visma e A Silva
Nestes centros cívicos non se alcanzou o número mínimo de preinscricións para formar grupo. No caso de que en centros cívicos próximos existan prazas vacantes, a empresa que xestiona os campamentos poñerase en contacto coas familias para ofrecerlles a posibilidade de ocupar as devanditas prazas vacantes.
Centro de Santa Lucía e solicitudes para menores con NEE e/ou discapacidade, realízase sorteo o 09/12/2025.
Números extraídos nos sorteos realizados o 09/12/2025 ás 10.00 h a partir dos cales se elaborarán as listaxes de admisións:
Centro Cívico de Santa Lucía: 19
Solicitudes para menores con NEE e/ou discapacidade: 8
Inscrición e pagamento:
12, 13, 14 e 15 de decembro. Para realizar o pago farase dende esta ligazón.
En caso de dúbida coa inscrición, pódese chamar a este número de teléfono: 666 703 923, cuxo horario de atención durante as datas de inscrición será das 10.00 ás 13.30 h ou contactar co seguinte correo: vitae.coruna@grupovitae.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible