Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O principal obxectivo das accións de sensibilización cidadá é dar a coñecer a realidade cotiá das persoas con discapacidade, a través de actividades prácticas destinadas a axentes comunitarios e á cidadanía en xeral.
Destacan en especial, polo seu carácter práctico e participativo, as accións desenvolvidas en centros escolares en colaboración co Servizo Municipal de Educación e as desenvolvidas na Rede Municipal de Centros Cívicos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Discapacidade.
Outro dos seus fins prioritarios é difundir o traballo realizado por persoas con discapacidade en centros ocupacionais e centros especiais de emprego da cidade a través da mostra “Máis que capaces” que permite promocionar de forma conxunta a venda dos produtos realizados.
Na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD), na Rede de Centros Cívicos Municipais e no teléfono de información cidadá 010.
24 de febreiro de 2021
Educación prevé publicar en abril, 4 meses antes que o ano pasado, a listaxe definitiva de alumnas/os para o curso que vén, para a que primará a situación económica, social e laboral das familias solicitantes. Como novidade, este ano poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.
18 de febreiro de 2021
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage: “A causa da pandemia o executivo de Inés Rey decidiu reforzar o investimento social, incrementando nun 20% as axudas municipais a 104 asociacións”
12 de febreiro de 2021
A Concellería de Benestar Social priorizou dirixir 1,2 millóns de euros á Renda Social Municipal e 503.000 euros ás prestacións de emerxencia co fin de evitar a exclusión social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible