Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actuacións de colaboración con entidades do ámbito da migración

Conxunto de actuacións e accións dirixidas a fomentar, promocionar e cooperar na integración socio-laboral da poboación migrante en territorio español e a levar a cabo actuacións conxuntas en prestacións vencelladas á información e asesoramento xurídico, social e laboral cun carácter transversal.

A quen vai dirixido?:

  • Destinatarias de primeiro nivel: entidades do ámbito da migración.
  • Destinataria de segundo nivel: cidadanía con nacionalidade estranxeira, familiares de cidadáns e cidadás con nacionalidade estranxeira, independentemente da súa nacionalidade e persoas emigrantes retornadas.

Requisitos:

  • Con carácter xeral ter a residencia legal ou efectiva no termo municipal da Coruña.
  • Os servizos deben ser dirixidos ao grupo de persoas destinatarias/beneficiarias.
  • Bases da Convocatoria pública.

Prazo de presentación:

Os servizos vinculados a prestacións relativas á información e asesoramento xurídico, social e laboral cun carácter transversal, terán carácter anual. Os demais servizos non presentan unha periodicidade marcada en determinados períodos.

SERVIZOS/TAREFAS:

Participación do persoal técnico da UAMI en actividades divulgativas/formativas de forma conxunta coas entidades.

Financiamento de actividades dirixidas a favorecer a integración e unha maior/mellor empregabilidade do colectivo de inmigrantes e/ou emigrantes retornados/as.

Información e/ou derivación a recursos ofrecidos por entidades do terceiro sector, segundo valoración da demanda.

Intervención e seguimento dos asuntos relacionados co ámbito migratorio nos que interveñan ambas as partes.

Duración:

Realizaranse colaboracións puntuais dependendo da temporalidade dos recursos ofrecidos, o financiamento dos mesmos e o estado aberto/pechado do expediente do asunto compartido.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión