Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apoio á tramitación de recursos e prestacións doutros sistemas de protección social, en xeral

Ante unha demanda dun recurso ou servizo que pertence a outro sistema de protección social como seguridade social, emprego, vivenda, sanidade, educación, administración civil, administración de xustiza etc, dáse apoio ao usuario ben directamente ou ben axudándolle nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto.

A quen vai dirixido?:

Toda a poboación.

Organiza:

Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia, outras AA.PP., ONG's e/ou entidades sociais

Requisitos:

  • Estar empadroado/a e/ou residir no termo municipal da Coruña.
  • Acudir presencialmente á unidade de atención social máis próxima ao seu domicilio.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Máis información:

O apoio poderá consistir en proporcionar unha información, asesoramento ou facer un trámite concreto, realizar un informe social ou obter información que lle posibilite ao cidadán o acceso ao recurso que solicitou.

Nalgún caso a traballadora social poderá derivar a programas ou servizos que completen a atención a cada persoa/familia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión