Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas económicas de emerxencia social de Xunta de Galicia ( RISGA) - Pago único
Axudas económicas de pago único, destinadas a cubrir necesidades básicas e urxentes en situacións persoais ou familiares de emerxencia social.
A quen vai dirixido?:
Persoas en situación de risco de exclusión social.
Organiza:
Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia
Requisitos:
Ser maior de idade.
Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia. (Ingresos non superiores ao 125% do importe do subsidio básico máis o complemento familiar da RISGA que lle correspondería).
En ningún caso poderase conceder máis dunha axuda para situación de emerxencia social por unidade de convivencia ao ano.
Prazo de presentación:
Todo o ano.
Remuneración / Custo:
Prestación socioeconómica segundo a seguinte táboa de conceptos:
Concepto
Contías máximas (100%)
Uso de vivenda habitual:
1.331,28 euros
Habitabilidade:
5.325,10 euros
Equipamento:
1.065,02 euros
Necesidades primarias:
1065,02 euros
T. Vivenda (dentro localidade):
1065,02 euros
T. Vivenda (fose localidade):
1.331,28 euros
Máis información:
Considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinan os gastos extraordinarios dunha familia como o mantemento da vivenda habitual, a subsistencia e outros gastos non cubertos polos diferentes sistemas de protección social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible