Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Bono-taxi

Esta prestación ten por obxecto a concesión de axudas económicas individuais a persoas con discapacidade que, por estar gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi.

A quen vai dirixido?:

Persoas con discapacidade que por estar gravemente afectadas na súa mobilidade teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos.

Organizador:

Concello da Coruña

Requisitos:

Ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, son requisitos os seguintes:

- Ser maior de 3 anos

- Residir no Concello da Coruña e constar empadroada/ou desde, polo menos, 6 meses anteriores á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes. O Concello poderá esixir a acreditación documental deste extremo mediante a presentación de recibos de consumo periódico que acrediten o uso habitual da vivenda.

- Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante a resolución ou documento equivalente polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente, onde conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.

- No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo.

- Non ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.

- Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo.

- Non dispoñer duns ingresos superiores ao 210% do IPREM vixente.

- Estar ao corrente das obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AET), coa Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello da Coruña así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Prazo de presentación:

Convocatoria ano 2020: Do 28 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2020.

Máis información:

Na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión