Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de atención a persoas inmigrantes e emigrantes retornados

Obxecto:

Finalidade:

Promover a regularización e integración sociolaboral e educativa da poboación migrante ofertándolle á poboación adulta unha atención interdisciplinar nos ámbitos social, xurídico e laboral e á poboación infantil, mocidade e unidades familiares de referencia unha atención socioeducativa que facilite a súa adaptación ao sistema educativo e a súa participación social na comunidade.

Obxectivos:

  • Informar e asesorar á poboación migrante (inmigrantes e emigrantes retornados/as) nos ámbitos social, xurídico e laboral, facilitando a súa regularización e a súa plena integración no termo municipal da Coruña.
  • Contribuír á mellora da empregabilidade da poboación migrante.
  • Previr o abandono temperán da escolaridade obrigatoria por parte da poboación infantil e moza e a participación social da devandita poboación no seu contorno comunitario.
  • Establecer canles de colaboración con outras institucións e entidades sociais que traballan no ámbito da migración. (Se é o caso, co sector empresarial).
  • Difundir as actuacións promovidas por parte das institucións competentes en materia de migración ou por parte de entidades sociais que traballen neste ámbito.
  • Informar e sensibilizar á sociedade coruñesa de acollida sobre a situación da poboación migrante, necesidades e retos para conseguir a súa plena integración dende un punto de vista bidireccional.

A quen vai dirixido?:

Poboación migrante.

Máis información:

Contribúe á regularización e integración sociolaboral e educativa da poboación migrante a través dunha atención en diferentes ámbitos (xurídico, social, laboral e educativo).

Así mesmo, promove a cooperación con entidades e institucións que traballan neste ámbito e actuacións de sensibilización cidadá que fomentan unha integración intercultural bidireccional coa sociedade de acollida.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión