Concello da Coruña

Concello da Coruña

Beneficios para os participantes

DIRECTOS

Os edificios residenciais participantes no proxecto obterán as seguintes contraprestacións directas:

  • Realización gratuíta do certificado enerxético segundo o Real Decreto 390/2021, de 1 de xuño utilizando as ferramentas definidas e homologadas para iso.
  • Tramitación e rexistro telemático dos certificados na plataforma do INEGA xerando a etiqueta da situación actual.
  • Listaxe das 10 medidas de mellora principais sinalando o importe aproximado de investimento e aforro enerxético.

Pola súa banda, as vivendas participantes contarán cos seguintes beneficios directos:

  • Información a través da aplicación web sobre datos de consumo (de, por exemplo, electricidade ou gas natural) e condicións de confort (como pode ser: temperatura ou humidade relativa no interior da vivenda) de forma horaria, diaria, mensual e anual.
  • Informe sobre as posibilidades de mellora na contratación enerxética, avaliando as posibles accións de mellora e o grao de aforro enerxético e/ou económico.

INDIRECTOS

Os inmobles cuxas actuacións de rehabilitación enerxética sexan obxecto de monitoraxe a través deste proxecto, e os que posteriormente opten por facelo polos seus propios medios, incorporando igualmente a información xerada á plataforma municipal deseñada dentro deste proxecto, poderán optar a maiores axudas (en porcentaxe sobre o orzamento protexido e nas cantidades máximas correspondentes por vivenda) nas seguintes convocatorias de subvencións municipais para a súa rehabilitación enerxética.

Ademais, a monitoraxe enerxética será criterio de prioridade na clasificación das actuacións que opten ás subvencións.

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (140 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (338 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión