Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

11 de marzo de 2021

Aplicación da moratoria da débeda arrendaticia para persoas en situación de vulnerabilidade económica por causa da Covid-19, establecida no Real decreto-lei 11/2020 (art. 4) durante o prazo que estableza a normativa estatal en función da ampliación/renovación do estado de alarma

O concello aplicara, como entidade pública de vivenda, a moratoria da débeda arrendaticia regulada no artigo 4 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, modificado pola disposición final oitava do Real decreto–lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego, que modifica os artigos 2 e 4.1 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19, con obxecto de estender a protección ás persoas arrendatarias de vivenda en situación de vulnerabilidade, mediante a posibilidade de solicitar o adiamento temporal e extraordinario no pago da renda dos contratos de arrendamento de vivenda habitual suxeitos á Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e estendendo o dereito a aquelas persoas inquilinas de vivendas municipais que conten con contratos de alugueiro anteriores ao 1 de xaneiro de 1995.

PRAZO PARA SOLICITAR A MORATORIA

Na actualidade o prazo é ata o 9 de maio de 2021, prazo no que finaliza o estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro e prorrogado polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro, e con posterioridade á dita data en función das determinacións establecidas na normativa estatal.

QUEN SE PODE BENEFICIAR?

1. Os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 requirirán a concorrencia conxunta, para os efectos de obter moratorias ou axudas en relación coa renda arrendaticia da vivenda habitual, dos seguintes requisitos:

a) Que a persoa que estea obrigada a pagar a renda de alugueiro pase a estar en situación de desemprego, Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE), ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario(a, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, e non acade por iso o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude da moratoria:

i. Con carácter xeral, o límite de tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples mensual (en diante IPREM).

ii. Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada fillo/a a cargo na unidade familiar. O incremento aplicable por fillo/a a cargo será de 0,15 veces o IPREM por cada fillo/a no caso de unidade familiar monoparental.

iii. Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.

iv. No caso de que algunha das persoas membros da unidade familiar teña declarada discapacidade superior ao 33 por cento, situación de dependencia ou enfermidade que o/a incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral, o límite previsto no subapartado i) será de catro veces o IPREM, sen prexuízo dos incrementos acumulados por fillo/a a cargo.

v. No caso de que a persoa obrigada a pagar a renda arrendaticia sexa persoa con parálise cerebral, con enfermidade mental, ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento, ou persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 por cento, así como nos casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente, a persoa ou a súa persoa coidadora, para realizar unha actividade laboral, o límite previsto no subapartado i) será de cinco veces o IPREM.

b) Que a renda arrendaticia, máis os gastos e subministracións básicos, resulte superior ou igual ao 35 por cento dos ingresos netos que perciba o conxunto das persoas membros da unidade familiar. Para estes efectos, entenderase por «gastos e subministracións básicos» o importe do custo das subministracións de electricidade, gas, gasoil para calefacción, auga corrente, dos servizos de telecomunicación fixa e móbil, e as posibles contribucións á comunidade de propietarios, todos eles da vivenda habitual que lle corresponda satisfacer ao arrendatario.

2. Para os efectos do previsto neste artigo entenderase por unidade familiar a composta pola persoa que debe a renda arrendaticia, o/a seu/súa cónxuxe non separado/a legalmente ou parella de feito inscrita e os/as fillos/as, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os/as vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o/a seu/súa cónxuxe non separado/a legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.

3. Non se entenderá que concorren os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 para os efectos de obter moratorias ou axudas en relación coa renda arrendaticia da vivenda habitual cando a persoa arrendataria ou calquera das persoas que compoñen a unidade familiar que habita aquela sexa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Considerarase que non concorren estas circunstancias cando o dereito recaia unicamente sobre unha parte alícuota dela e se obtivese por herdanza ou mediante transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuarase deste requisito tamén a quen, sendo titular dunha vivenda, acredite a non dispoñibilidade dela por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da súa persoa titular ou dalgunha das persoas que conforman a unidade de convivencia.

COMO SE DEBE XUSTIFICAR?

A presentación de solicitudes poderase efectuar nos rexistros municipais ou Sede electrónica do Concello da Coruña, e remitir adxunta a seguinte documentación:

1. A concorrencia das circunstancias acreditaraa a persoa arrendataria ante a persoa arrendadora mediante a presentación dos seguintes documentos:

a) En caso de situación legal de desemprego, mediante certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, no que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.

b) En caso de cesamento de actividade das persoas traballadoras por conta propia, mediante certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da comunidade autónoma, no seu caso, sobre a base da declaración de cesamento de actividade declarada polo interesado.

c) Número de persoas que habitan na vivenda habitual:

i. Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.

ii. Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.

iii. Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.

d) Titularidade dos bens: nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.

e) Declaración responsable da/s persoa/s debedora/s relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo este real decreto-lei.

2. Se o/a solicitante da moratoria non puidese achegar algún dos documentos requiridos nas letras a) a d) do apartado anterior, poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise da COVID-19, que lle impiden tal achega. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas dispoñerá do prazo dun mes para achegar os documentos que non facilitase.

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión