Co obxectivo de incrementar a participación da cidadanía nos procedementos de elaboración das normas, o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (BOE núm. 236, do 02/10/2015), establece que con carácter previo á elaboración dun proxecto ou anteproxecto de lei ou regulamento, deberá levarse a cabo unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente na que se recollerá a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
En cumprimento desta disposición, a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade convoca unha consulta pública a través do portal web do Concello da Coruña con carácter previo á elaboración do proxecto da nova Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles, acerca dos seguintes extremos:
Antecedentes normativos
Na actualidade a materia que vai ser obxecto da dita norma está regulada no Texto refundido da ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles, que substituíu á anterior norma do ano 2006 e cuxa aprobación definitiva se publicou no BOP da Coruña o 28/11/2011. Neste texto refundido regúlanse os seguintes procedementos derivados do deber legal de conservación e rehabilitación que recae sobre os propietarios dos inmobles:
Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
Dende a aprobación do referido texto refundido tiveron lugar varios cambios normativos que obrigan a interpretar o seu articulado en conxunción coas normas de superior xerarquía para determinar que partes entran en contradición ou directamente están derrogadas de forma tácita. Estes cambios fan imprescindible abordar de forma inmediata a elaboración dunha nova norma que dote de seguridade xurídica aos procedementos que se tramitan na materia.
Así mesmo, resulta preciso solucionar certas incidencias que se producen na tramitación ordinaria deses procedementos, motivadas xa non só unicamente polos cambios de regulación, senón por diversas disfuncións derivadas do elevado volume de denuncias e solicitudes que se reciben que non van acompañadas da documentación necesaria, o que obriga a facer numerosos requirimentos de emenda; da falta da necesaria adaptación á normativa da administración electrónica por parte de persoas obrigadas; da pretensión de utilización destes procedementos para abordar cuestións que pertencen ao ámbito do dereito privado... Disfuncións, en síntese, que dificultan acadar a eficacia e eficiencia necesarias no exercicio das competencias municipais na materia.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación
O texto refundido actualmente en vigor mantense na súa redacción orixinaria no que atinxe aos procedementos vinculados ao deber de conservación, en tanto que as únicas modificacións que nel se efectuaron, nos anos 2017 e 2018, afectaron ao seu título VI, no que se regulaban as axudas á rehabilitación. Así mesmo, o seu artigo 1, segundo parágrafo, artigos 9 e 10, ese título VI (artigos 84 ao 110), o título VII (artigos 111 ao 119), dedicado ao fomento de obras de accesibilidade e soterramento de cableado, e as súas disposicións adicionais primeira, segunda, terceira e quinta, foron derrogados expresamente pola Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas aprobada definitivamente polo Pleno do Concello o 10/09/2020 (BOP do 19/10/2020).
No que atinxe á normativa que o texto refundido viña a desenvolver na materia de conservación, viuse afectada polas seguintes normas posteriores:
Resulta, por conseguinte, necesario aprobar unha nova ordenanza, tanto para adaptar a regulación contida na anterior ás modificacións que introduciron as normas mencionadas como para depurar a súa redacción logo de terse derrogado de forma expresa parte do seu articulado.
Obxectivos da norma
O obxectivo principal da nova ordenanza é adaptar a regulación municipal dos procedementos que teñen por obxecto o cumprimento dos deberes de conservación dos inmobles á actual normativa autonómica.
Asemade, preténdese:
Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias
Os procedementos que teñen por obxecto o cumprimento do deber legal de conservación dos inmobles deben ser regulados mediante una disposición municipal con rango regulamentario (ordenanza), dado que teñen como destinataria a unha pluralidade indeterminada de persoas e non son senón desenvolvemento e aplicación da normativa autonómica na materia.
Por isto, non se prevén medidas non regulatorias que poidan acadar o cumprimento dos obxectivos perseguidos coa norma que se propón.
A cidadanía e as organizacións representativas potencialmente afectadas por esta nova ordenanza poderán facer chegar as súas opinións e suxestións sobre os aspectos incluídos nesta consulta pública, nun prazo de quince días hábiles, mediante o formulario accesible na propia web dispoñible dende o 7 ata o 28 de juño.
Do 25 de maio ao 8 de xuño publícase a proposta de clasificación provisional das solicitudes de subvención presentadas para rehabilitación de inmobles cunha antigüidade de máis de 50 anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible