Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de abril de 2019

Consulta previa ao inicio do procedemento de aprobación dun Regulamento para a adxudicación de vivendas destinadas pola empresa EMVSA a colectivos con dificultades de acceso á vivenda.

Aberto o prazo para participar na consulta previa ao inicio do procedemento de aprobación dun regulamento para a adxudicación de vivendas destinadas pola empresa EMVSA a colectivos con dificultades de acceso á vivenda.

De acordo co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, procédese a publicar o texto da iniciativa, coa finalidade de recoller a opinión e as aportacións da cidadanía, organizacións e asociacións sobre os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, os obxectivos da norma e as solucións propostas.

Enlace de descarga:

REGULAMENTO PARA A ADXUDICACION DE VIVENDAS DESTINADAS POLA EMPRESA EMVSA A COLECTIVOS CON DIFICULTADES DE ACCESO Á VIVENDA

Ábrese un prazo ata o día 14 de maio de 2019 para recibir as opinións, valoracións, suxerencias ou consideracións sobre os aspectos propostos neste documento, que deberán ser remitidas a través do seguinte correo electrónico: rehabilitacionvivenda@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión