A rehabilitación de inmobles converteuse nun valor en alza dentro das actuacións para realizar no campo da arquitectura e demais actividades aparelladas ao sector. Pero non só no incremento da actividade emerxente plásmase este incremento das rehabilitacións, senón que tamén axuda a mellorar o ornato e calidade das edificacións existentes, mantendo e mellorando un patrimonio que mellora os núcleos de poboación.
Para fomentar estas actividades e mellorar as edificacións e a contorna, desde o Concello da Coruña realízanse distintas actuacións entre as que se atopa a tramitación de subvencións á rehabílitación.
Consulta as seguintes ligazóns para informarche das subvencións:
O pasado 7 de abril o Pleno do Concello acordou aprobar inicialmente unha modificación da Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas, e abrir un período de información pública e audiencia aos interesados para a presentación das reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible