Directora da Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María (FISC)
Para público en xeral
24/10/2025
Xa rematou
19:00 h.
Pídese puntualidade
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
gratuíto
Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María (FISC)
Con máis de trinta anos de experiencia no ámbito da acción social en España, Branca González Mitre dedicou a súa vida profesional e persoal a promover os dereitos humanos, a xustiza social e a igualdade de oportunidades. Desde xaneiro de 2019 dirixe a FISC, a ONGD da Compañía de María, impulsando proxectos de cooperación internacional, educación, saúde, e desenvolvemento comunitario en América Latina, África e Europa.
Baixo a súa dirección, FISC reforzou o seu compromiso coa ecoloxía integral, a equidade de xénero e a defensa dos dereitos das persoas máis vulnerables, acompañando procesos de transformación local sustentables e participativos.
Na República Democrática do Congo, a Compañía de María traballa xunto a comunidades rurais e urbanas en programas educativos, de empoderamiento de mulleres e de apoio á infancia, fortalecendo a esperanza en contextos de enorme complexidade social.
"Latexados no corazón de África" reflicte ese compromiso profundo: o pulso dunha solidariedade que escoita, acompaña e constrúe vida alí onde as persoas seguen soñando cun futuro máis xusto e digno.
"Latexados do corazón de África" non é só unha mostra de fotografías. É unha invitación para mirar máis aló do aparente.
A autora desta exposición, Cristina Sanz, relixiosa da Compañía de María, membro do Equipo Xeral e patroa da FISC desde hai máis de 25 anos. Cristina coñece a RD do Congo: percorreuna cos pés e mirouna co corazón.
Esta exposición nace precisamente do compromiso solidario que inspira o traballo da FISC, a ONGD da Compañía de María, en tantos países do mundo, especialmente en África. Desde unha mirada profundamente humana e esperanzada, buscamos contribuír a un desenvolvemento xusto e equitativo, que poña no centro a dignidade das persoas. E iso é precisamente o que Cristina soubo captar co seu cámara: a dignidade, a forza, a beleza e a alegría que latexan no corazón de África.
As súas fotografías non están feitas para impresionar, senón para conmover. En cada rostro, en cada mirada, en cada xesto silencioso... hai beleza, hai inocencia, hai tamén desamparo. Pero, sobre todo, hai vida. Unha vida que resiste, que canta, que soña. E que nos interpela.
Actividades relacionadas

09/12/2025 ás 19:00
Dende o 01/12/2025 ata o 09/12/2025
Entrada libre ata completar o aforamento da sala

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible