Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Nova edición do concurso de baile tradicional no que participarán 34 grupos de toda Galicia. NUNHA ÚNICA SESIÓN MATINAL.

A quen vai dirixido?:

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/06/2015, de 11:00 a 15:00

Xa rematou

Horario:

11.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

5.00 €.

Venda de entradas:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense: De luns a venres, de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. (pago en efectivo).
  • Despacho de billetes do Centro Sociocultural AFundación: De luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta).
  • Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h. e www.ataquilla.com (pago con tarxeta).
  • Despacho de billetes do Ágora: O mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo).

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Remuneración / Custo:

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina

Contacto:

Observacións:

Este concurso consta dunha única modalidade dividida en tres categorías. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos componentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Ademais haberá un único premio ao mellor bailador e á mellor bailadora, que se decidirán entre todos os participantes das tres categorías.

No concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas, asociacións xuvenís, etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda o devandito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: a autenticidade e dificultade técnica do baile e a calidade na execución.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

  • A través da páxina web: www.xacarandaina.gal
  • Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, r/ Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
  • Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección de correo electrónico: info@xacarandaina.com.

O prazo de inscrición remata o sábado 6 de xuño.

 

Máis información en http://www.xacarandaina.com/ e 981 277 315

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión