Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo do Servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.

Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

  • O UNIVERSO DE FREDO

Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración.

  • FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón facerse preguntas: pode baixarse unha costa cara arriba?, como se moven as dunas?, que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?

  • PURO SWING

A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Súbeche a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descobre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

  • A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

  • PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, o que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

Viaxa no espazo e no tempo no planetario da Casa das Ciencias grazas aos seus proxectores dixitais, que nos trasladan con gran realismo ata os confíns do universo, e grazas ao seu proxector analóxizo Zeiss, que reproduce a noite estrelada para descubrir todos os astros que se poden observar a primeira ollada.

  • As entradas da Casa das Ciencias e o suplemento da sesión de planetario só se poden adquirir na recepción do museo o mesmo día da sesión, excepto os días con entrada gratuíta, nos que a entrada gratuíta para o planetario só se poderá reservar en liña a partir das 9.00 horas do día anterior.

CARTELEIRA DE NADAL

• Do 19 ao 31 de decembro

  • 11.30 h: Dinosaurios (cast., + 6 anos) (excepto 25 e 27 de decembro*)
  • 13.00 h: A grande aventura do sistema solar (gal., + de 6 anos) (excepto 25 e 27 de decembro*)
  • 17.00 h: Hazelnuts (cast., de 4 a 7 anos) (excepto 24, 25 e 31 de decembro)
  • 18.00 h. Sesión en directo (+10 anos) (excepto 24, 25 e 31 de decembro)

• Do 2 ao 8 de xaneiro (excepto o 6 de xaneiro)

  • 11.30 h: «Dinosaurios» (cast., maiores de 6 anos)
  • 13.00 h: «A grande aventura do sistema solar» (gal., maiores de 6 anos)
  • 17.00 h: «Hazelnuts» (cast., de 4 a 7 anos)

* Os últimos sábados do mes hai dúas sesións especiais en directo gratis

AVISOS

  1. As persoas menores de 4 anos non poden acceder ao planetario.
  2. As proxeccións comezan á hora indicada. Unha vez empezada a sesión non é posible acceder ao planetario. Pedimos máxima puntualidade.

HORARIO

  • INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: das 10.00 ás 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: das 11.00 ás 19.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

  • PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

  • VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: das 10.00 ás 20.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

  • OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

24 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h*

31 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado

ENTRADAS

As entradas para visitar as exposicións e asistir ás sesións de planetario só se poden adquirir na recepción da Casa das Ciencias,excepto os días con entrada gratuíta, que as entradas de planetario só se poden reservar en liña a partir das 9.00 h do día anterior. 

> Xeral: 2,06 euros. Suplemento de planetario: 2,06 euros

> Reducida*: 1,03 euros. Suplemento de planetario reducido*: 1,03 euros.

*Menores de 16 años; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.

> Gratis: 

  • Festivos locais do Concello da Coruña (4 de marzo e 24 de xuño de 2025. Con reserva previa de entradas en liña só para as sesións de Planetario, cun día de antelación)
  • Día da Ciencia na Rúa (10 de maio de 2025)
  • Día dos Museos (24 de maio de 2025. Para asistir a unha sesión de Planetario hai que reservar entradas en liña, cun día de antelación)
  • Semana da Ciencia (do 8 ao 16 de novembro de 2025. Con reserva previa de entradas en liña para as sesións de Planetario de fin de semana, cun día de antelación)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación do carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado (carné profesional ou certificado da dirección do centro)
  • Estudantado da Universidade da Coruña, tras a presentación do carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

> Bono Tres Casas: 12,36 euros

> Tarxeta Vente: 20,60 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Bono Tres Casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Á venda na recepción dos tres museos.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Documentos relacionados

  • Plano de contidos da Casa das Ciencias (760 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión