Concello da Coruña

Concello da Coruña

2022 Ano Internacional de María Casares

Celebremos o centenario do nacemento da coruñesa María Casares (1922-2022) como actriz e personaxe pública que tivo gran transcendencia na vida social, cultural e artística na Francia do século XX e coa intención principal de que ocupe o lugar que por xustiza lle corresponde no imaxinario colectivo da nosa cidade.

"Lembro con moita máis amargura a marcha da Coruña a Madrid que a de Madrid a París."

Toda a súa vida estivo marcada pola infancia coruñesa, por ser exiliada e por ser filla de Santiago Casares Quiroga (presidente do Consello de Ministros da II República) e Gloria Pérez Corrales. Ela mesma dixo que o primeiro e máis doloroso exilio foi cando deixou A Coruña.

María Casares emprende o camiño do exilio con 13 anos e chega en novembro de 1936 a París, cidade na que estuda teatro e onde sempre se posicionará ao lado das vangardas artísticas e onde mostrará un compromiso ético, político e social coa súa orixe e coas persoas refuxiadas e cos ideais republicanos. Foi a gran dama do teatro francés do século XX.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión