Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A Coruña negra a través dos libros de Rober Cagiao

A Coruña negra a través dos libros de Rober Cagiao é a primeira actividade do ano 2026 do programa Ando na Coruña. Percorrido pola Coruña literaria e real da man de Rober Cagiao, coas súas obras como fío condutor da actividade.

A quen vai dirixido?:

Público adulto

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Os días 06/05/2026 ás 18:00 , 13/05/2026 ás 18:00 , 27/05/2026 ás 18:00

Inscricións:

Dende o 29/04/2026 ata o 06/05/2026

Horario:

18:00-19:30

Duración:

As sesións terán unha duración aproximada de 90 minutos

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de prazas:

20

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e das necesidades de cada actividade en concreto.

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

Contacto:

Tf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Presentamos unha nova actividade dentro do programa Ando na Coruña.

Da man do escritor Rober Cagiao, percorreremos a cidade literaria e a cidade real que lle serviron de inspiración para as súas obras, obras que serán o fío condutor da actividade.

As dúas primeiras sesións, os mércores 6 e 13 de maio, terán lugar nas instalacións da biblioteca. Nelas, Rober Cagiao presentará os espazos coruñeses que  protagonizan os distintos títulos da súa produción literaria ambientada na Coruña.

Na primeira sesión, entregarase un dossier con bibliografía e unha escolma de textos seleccionados polo propio autor. 

A última sesión consistirá nun roteiro polos espazos antes mencionados.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión