Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Conferencia “O álbum de guerra de Luís Seoane”

Conferencia de María Antonia Pérez Rodríguez sobre o primeiro álbum debuxado por Luís Seoane: Trece estampas de la traición, publicado en 1937 na campaña de propaganda no extranxeiro promovida polo goberno da segunda República española, na procura do apoio internacional fronte aos golpistas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/06/2022

Xa rematou

Horario:

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Luís Seoane denuncia neste álbum os responsables do golpe de estado de 1936 e as consecuencias da guerra na poboación civil.

A documentalista María Antonia Pérez realizou diversos traballos editoriais e expositivos vinculados á figura de Luís Seoane, entre eles a súa tese de doutoramento "Luis Seoane a través da prensa (1929 - 1979)"; investigadora e profesora xubilada da Universidade da Coruña, comisariou, xunto con Silvia Longueira, a exposición 13 estampas de traizón. 80 anos da súa publicación da Fundación Luís Seoane.

Esta conferencia complementa a exposición 13 estampas da traizón. Luís Seoane: loita antifascista a punta de lapis, que pode verse no vestíbulo do Centro Ágora do 1 ao 18 de xuño: son as 13 estampas que a Asociación veciñal Agra reproduciu sobre táboas de madeira logo de visitar en 2018 a exposición 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación, na Fundación Luís Seoane.

​A asociación veciñal distribuirá entre o público asistente un marcapáxinas cun fragmento dun poema de Florencio Delgado, tamén exiliado, e ilustrado coa caricatura deste autor, feita por Xoán Andrade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión