Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Persoas adultas
26/04/2021
Xa rematou
20.00 horas
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Nesta ocasión, Yolanda Castaño reúne os versos ingleses de Itisha Giri e galegos de Arancha Nogueira, chegados dende O Nepal e Ourense, respectivamente, con certos ecos do spoken word e atravesados por unha ollada feminista.
Por mor das restricións Covid-19, a capacidade está limitada a 90 persoas. O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.
Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das persoas convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.

21/09/2026
Acceso libre ata completar capacidade

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

28/09/2026
Acceso libre até completar capacidade

05/10/2026
Acceso libre ata completar a capacidade

Os días 30/09/2026 ás 18:00 , 14/10/2026 ás 18:00 , 21/10/2026 ás 17:00
Dende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026
REQUISITOS
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.

12/11/2026
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible