19 de diciembre de 2025
Apego é un programa colectivo de 32 concellos, entre os que está A Coruña
O programa Apego, no que colaboran 32 concellos galegos, entre eles o da Coruña, resultou gañador da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas por unanimidade, na que tamén se encontraban Espazo lectura e Código Cero.
O xurado recalcou que Apego é unha iniciativa que neste momento de emerxencia lingüística potencia a inmersión no idioma propio dos núcleos familiares, e que os dota de ferramentas e recursos para consolidar o proceso de transmisión do galego.
Ramón Varela Rodríguez, representante da presidencia de Alingua (a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, da que o Concello da Coruña asume neste momento a tesourería) e encargado de recoller o premio no auditorio de Afundación en Vigo, destacou no seu agradecemento que "queremos compartir a esperanza e o orgullo das persoas que traballamos en Apego. Cada día vemos medrar unha rede de familias que deciden criar en galego con convicción e con amor, que buscan apoio, que fan da lingua unha casa e unha ponte cara ao futuro. Familias que din con feitos o que tantas veces queda nas palabras: que o galego ten futuro porque hai quen o pon na vida e no corazón das súas crianzas".

29 de noviembre de 2025

25 de noviembre de 2025

23 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible