Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

O Concello organiza un ciclo de programas formativos sobre o uso de ferramentas dixitais para a mellora da xestión en pequenas empresas

Os módulos, que se celebrarán no Centro Municipal de Emprego Papagaio, pódense cursas de manera independiente e son gratuítos con inscripción previa ata completar as prazas

O Concello organiza, entre os meses de maio e xuño, o programa formativo en intelixencia de negocio, que consta de varios ciclos formativos gratuítos, con inscrición previa. Os módulos impartiranse no Centro Municipal de Emprego Papagaio. 

Os cursos aínda por impartir son:

"As institucións públicas están para axudar aos pequenos emprendedores. Por iso desde o Goberno de Inés Rey poñemos recursos ao seu dispor, afondando en cuestións que impulsen a innovación e a eficiencia a través de formacións gratuítas como estas que permitan actualizar as formas de traballar e competir nos mercados modernos", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Dixital, Juan Ignacio Borrego. 

Intelixencia de negocio ou Business Inteligence (BI) é un conxunto de ferramentas, tecnoloxía e procesos encamiñados a converter os datos en información e a información en coñecemento para a toma de decisións. O programa é integral e progresivo cunha estrutura modular que permite facer cada un dous módulos de xeito independente. 

Estas formacións están recomendadas para persoas que teñan un dominio intermedio de ferramentas como o excel ou Power B, e deben dispoñer dun portátil co Excel instalado. Todas as sesións son en horario de 17.30 a 19.30 h.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión