Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2026

O Concello pon en marcha novos itinerarios formativos gratuítos no marco do proxecto EFESO Coruña

A oferta formativa está dirixida a persoas desempregadas, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade a través de formación práctica e certificada en sectores con alta demanda.

No marco do proxecto EFESO Coruña, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), o Concello pon en marcha unha serie de novos itinerarios formativos gratuítos.

Os itinerarios dispoñibles son os seguintes:

  • Actividades auxiliares de almacén (Certificado Profesional Nivel 1)
    • Do 16 de xuño ao 4 de setembro de 2026
    • 289 horas
  • Actividades auxiliares de comercio (Certificado Profesional Nivel 1)
    • Do 9 de xuño ao 16 de setembro de 2026
    • 349 horas
  • Carnicería e charcutería
    • Do 22 de maio ao 5 de agosto de 2026
    • 264 horas
  • Técnicas de limpeza e desinfección hospitalaria
    • Do 10 de xuño ao 29 de xullo de 2026
    • 174 horas

A quen van dirixidos?

Estes itinerarios están orientados a colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego no municipio, dentro do programa EFESO Coruña, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus.

Que ofrecen?

  • Formación totalmente gratuíta e prácticas en empresas da cidade
  • Contidos adaptados ao mercado laboral
  • Posibilidade de obter certificados profesionais
  • Posibilidade de obter unha bolsa, en caso de cumprir os requisitos
  • Acompañamento personalizada para a inserción laboral

Como participar?

As prazas son limitadas. Pódese solicitar información e inscribirse a través das canles municipais:

Servizo Municipal de Emprego do Concello

Programas relacionados

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión