21 de abril de 2026
Os cursos son gratuítos, ata completar a capacidade.
O Departamento de Promoción Económica do Concello da Coruña organiza o seguinte Programa formativo en intelixencia de negocio.
Descrición:
Intelixencia de negocio ou Business Inteligence (BI) é un conxunto de ferramentas, tecnoloxía e procesos, encamiñados a converter os datos en información e a información en coñecemento, para a toma de decisións.
Programa integral e progresivo cunha estrutura modular que permite facer cada un dous módulos de maneira independente.
Perfil das persoas destinatarias:
Para o módulo 1: persoas que detectaron que o seu Sistema de Información non lle permite responder no momento preciso e da forma adecuada ás cuestións que incumben ao desempeño da súa actividade.
Para os restantes módulos: preferiblemente persoas cun dominio "intermedio" de Excel e de Power B
Requisitos: dispoñer dun portátil con Excel instalado.
| Módulos | Duración | Datas | Horario | Ligazón |
|---|---|---|---|---|
| 1. Introdución á intelixencia de negocio | 2 horas | 5 de maio | 17:30 - 19:30 | https://forms.gle/qSXD975gL9iQ9Fyd9 |
| 2. Extracción e análise de datos con Excel (Power Query e Pivot) | 6 horas |
7 de maio 11 de maio 12 de maio |
17:30 - 19:30 | https://forms.gle/56Msc8WB3Dm4emLe7 |
| 3. Desenvolvemento de cadros de mando con Power BI (I) | 6 horas |
14 de maio 19 de maio 21 de maio |
17:30 - 19:30 | https://forms.glle/kjp1QA242NyTRTcC8 |
| 4. Desenvolvemento de cadros de mando con Power BI (II) | 6 horas |
26 de maio 2 de xuño 4 de xuño |
17:30 - 19:30 | https://forms.gle/XgzcLDYr1BYsB2tF6 |
Lugar: CME Accede Papagaio (Praza Papagaio s/n)
Inscricións: na ligazón que se indica para cada un dos módulos.
Cursos GRATUÍTOS ata completar a capacidade.
Centro Municipal de Empresas - Accede Papagaio. Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

1 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible