Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxectos europeos A Coruña

A Coruña e a súa relación cos fondos europeos

A UE ten o compromiso de crear máis e mellores postos de traballo e unha sociedade integradora desde o punto de vista social. O obxectivo dos Fondos Estruturais de Investimento Europeos (FEIE) é proporcionar financiamento para cumprir eses obxectivos, así como para as misións específicas de cada fondo, incluída a cohesión territorial, social e económica.

Desde a entrada de España na UE en 1985, esta cidade beneficiouse das posibilidades que ofrecían os fondos europeos, redactando, planificando e presentándose a todas as posibles convocatorias que encaixaban nos seus proxectos de cidade. Esta participación foi positiva para a cidade porque A Coruña sempre obtivo fondos europeos para financiar os seus proxectos.

  • Os exemplos máis recentes diso son os proxectos financiados en dous últimos períodos de programación, nos cales obtivemos financiamento para o desenvolvemento e a execución do PROXECTO URBANA C (período 2007-2013) e a ESTRATEXIA EidusCoruña (período 2014-2020). Pero A Coruña tivo sempre unha ampla historia moi vinculada aos fondos europeos. Neste documento pódese saber máis sobre o impacto de los FEIE en nuestra ciudad nos últimos 36 anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión