Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Grupo Socialista proponlle ao pleno a creación dun Consorcio Metropolitano de Transporte

O PSOE levará á sesión do 9 de abril unha moción para desenvolver un ente de transporte urbano, periurbano e interurbano.

A iniciativa tamén recolle a demanda ao goberno municipal para que concrete o alcance e os estudos de viabilidade da proposta de área metropolitana.

O Grupo Municipal Socialista levará ao próximo pleno unha proposta para crear un Consorcio de Transporte Metropolitano por estrada para coordinar e xestionar o transporte de viaxeiros na cidade e no conxunto dos municipios da área. Os socialistas entendemos que este ente debe ser un paso previo ao desenvolvemento de calquera outro organismo, co fin de ofrecer servizos de maior calidade e eficiencia, prestados con eficacia e xestionados de forma transparente.

Doutra banda, a moción incorpora a demanda ao goberno local para que concrete a súa proposta lexislativa. Así mesmo, demándase que publique os estudos de viabilidade e utilidade económica dos novos servizos para que a cidadanía poida coñecer as vantaxes e consecuencias dun novo ente metropolitano. A iniciativa do Grupo Municipal Socialista propón incluír os concellos de Laracha, Carballo, Cerceda e Arteixo no ente metropolitano do transporte.

Esta proposta, que veu defendendo o Grupo Municipal Socialista, concrétase agora nesta moción que defenderemos no pleno e que ten tres obxectivos claros:

  1. Impulsar a creación dun ente consorciado metropolitano de transporte por estrada, baixo a fórmula de consorcio ou autoridade metropolitana, cuxa misión será coordinar e xestionar o servizo de transporte de persoas viaxeiras na cidade e no conxunto dos municipios da área, reunindo baixo unha soa autoridade administrativa a mobilidade urbana do transporte por estrada urbana, periurbana e interurbana de toda a área metropolitana da Coruña. Para a súa creación solicitarase da Xunta de Galicia a cesión das autorizacións administrativas pertinentes para o novo ente.

  2. Para avanzar na conformación dunha área metropolitana, de maior alcance político e administrativo que a actual proposta referente á mobilidade, demándaselle ao Goberno Municipal a concreción do alcance dela. Concretamente coñecer, para dar máis pasos, a proposta do desenvolvemento lexislativo do novo ente, o modelo de gobernanza e toma de decisións para propoñer e un estudo de alcance, viabilidade e utilidade económica dos novos servizos que se prevén ceder e prestar polo novo ente e o custo que este supoñería. Todo iso co obxecto de lle permitir ao conxunto da cidadanía coñecer as vantaxes e as consecuencias a medio e longo prazo para os recursos públicos e o desenvolvemento da cidade da constitución dun novo ente administrativo de carácter metropolitano.

  3. Convidar a formar parte do novo consorcio/autoridade metropolitana de transporte os concellos de Laracha, Carballo, Cerceda e Arteixo.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión