Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Que é unha Conta Xeral?

fiscalizar informes

O noso concello, do mesmo xeito que calquera outra Administración pública ou grande empresa, debe render contas ante a súa cidadanía, así como ante outros organismos de carácter fiscalizador.

A Conta Xeral require un procedemento que esixe exposición pública, antes de someterse á aprobación do Pleno co fin de que se poidan formular contra ela reclamacións, reparos ou observacións.

Someteranse antes do 1 de xuño a informe da Comisión Especial de Contas, constituída por membros dos distintos grupos políticos integrantes da corporación.

Con carácter xeral, estas contas acompáñanse dunha serie de documentos-soporte:

  • Balance
  • Memoria
  • Estado de liquidación do orzamento
  • Indicadores orzamentarios
  • Remanente de Tesourería
  • Resultado económico-patrimonial

Todo isto sen prexuízo de que se poida denunciar ante o Consello de Contas (no caso de administracións galegas, o Tribunal de Contas para outros organismos), a existencia de irregularidades na xestión económica e nas contas aprobadas, xa que a fiscalización externa das contas e da xestión económica das entidades locais correspóndelle ao devandito organismo.

Podes atopar máis información sobre este organismo público na súa sección correspondente deste portal.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?