Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Funcións da Facenda municipal

estratexias, observatorios

O desenvolvemento dun goberno local debe ir asociado ao reforzamento das finanzas locais. As facendas locais deben dispoñer de medios propios (patrimoniais e tributarios) suficientes para o cumprimento das súas funcións.

Os ingresos máis habituais dos que se nutre un concello obtéñense dos impostos municipais, taxas, prezos públicos, e multas e sancións pecuniarias, polo que nesta área englóbanse diferentes servizos relacionados con eses aspectos:

  1. Xestión tributaria
  2. Inspección tributaria
  3. Oficina orzamentaria
  4. Intervención xeral
  5. Tesourería xeral
  6. Recadación
  7. Contabilidade

 

Nesta área é fundamental a tarefa de fiscalización, que se realiza especialmente pola Intervención municipal, que exercerá as funcións de "fiscalización" interna así como a de control da xestión económico-financeira e orzamentaria, e función de control de eficacia. Exercerá as súas funcións con plena autonomía respecto dos órganos e entidades municipais e cargos directivos cuxa xestión fiscalice, tendo completo acceso á contabilidade e a cantos documentos necesite para o exercicio das súas competencias.

Á marxe da tarefa fiscalizadora, son de relevancia:

  • a Tesourería municipal, á que lle corresponden ás funcións de contabilidade, tesourería e recadación.
  • a xestión recadadora, que consiste no exercicio da función administrativa conducente á realización dos créditos tributarios e demais de dereito público de titularidade do concello. O procedemento recadatorio terá exclusivamente carácter administrativo e constará de 2 períodos: voluntario (dentro dos prazos establecidos para eles) e executivo (pola vía de prema sobre o patrimonio da persoa obrigada).
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?