Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Definición de encomenda de xestión

Os concellos (ou as súas entidades de dereito público) poden "encomendar" a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos da súa competencia, a outros órganos ou entidades da mesma Administración ou doutras distintas, ben por razóns de eficacia ou ben por non dispoñer dos medios técnicos máis axeitados para o seu desempeño, excluíndo sempre destes "encargos" de xestión a persoas privadas.

É importante aclarar que a encomenda de xestión non supón ceder a titularidade da competencia municipal, xa que segue sendo responsabilidade do concello ditar os actos ou as resolucións de carácter xurídico á actividade material concreta obxecto de encarga ou encomenda.

Existe unha limitación, e é que as persoas físicas ou xurídicas (suxeitas a dereito privado) non poden recibir unha encomenda de xestión dunha Administración. Se queren traballar para unha Administración, terán que seguir a regulación que rexe para os contratos do sector público e competir con outros licitadores para conseguir o contrato público.

Seguirase este procedemento:

  • Entre órganos dunha mesma administración, a encomenda de xestión esixe o cumprimento previo da normativa que os regule ou acordo expreso entre os órganos que interveñen, así como a publicación do instrumento de formalización da encomenda.
  • Cando a encomenda de xestión se realice entre órganos e entidades de distintas administracións, formalizarase mediante a sinatura do correspondente convenio entre elas.

Podes coñecer a continuación as principais encomendas de xestión (cando, como, que, a quen, ...) realizadas polo noso concello:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?