Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Contratación

Todas as administracións públicas réxense, no relativo á contratación con terceiros segundo as diferentes modalidades e tipos de contratos existentes, pola Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, publicada no BOE nº 272 de 09/11/2017

A finalidade desa lei é, entre outras cousas:

  • garantir que a contratación pública se axusta aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre as persoas candidatas
  • asegurar, en relación co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización de obras, adquisición de bens e contratación de servizos
  • esixir a definición previa das necesidades para cubrir, así como salvagardar a libre competencia e a selección da oferta economicamente máis vantaxosa.

Dada a súa importancia como ferramenta para levar a cabo un control, vixilancia e transparencia na xestión municipal, a Lei de transparencia incide na relevancia deste apartado e na claridade esixida para lle transmitir o que se fai á cidadanía.

Recóllense a continuación aqueles apartados que consideramos de maior interese:

Normativa municipal

Ademais do indicado RDL do 2011, de obrigado cumprimento para todas as administracións públicas, o Concello da Coruña publicou no seu correspondente BOP, unha Instrución sobre contratación pública estratéxica para a inclusión destas cláusulas consideradas polo goberno municipal como estratéxicas, en todos os contratos que licite o concello, sempre que o permita a súa natureza e obxecto. Preténdese conseguir a consideración de finalidades sociais e ambientais, a igualdade entre homes e mulleres, a inclusión social e comercio xusto, e desta maneira poder articular esas condicións como criterios de valoración das ofertas, condicións de execución do contrato ou determinacións de cumprimento obrigatorio para os licitadores e/ou contratistas.

Perfil do contratante

A súa regulación recóllese no art. 63 da Lei de contratos do sector público mencionada anteriormente. Establécese co fin de asegurar a transparencia e o acceso público (vía web e de fácil acceso) á información relativa á actividade contractual da administración correspondente, e poderá incluír calquera dato ou información referida aos concursos públicos (anuncios, licitacións abertas ou en curso, documentación requirida, contido dos pregos, procedementos anulados...), e outra información útil de tipo xeral (forma de contacto e horario do órgano de contratación).

Pódese acceder a esta información a través da Sede electrónica do Concello da Coruña para o caso de licitacións anteriores ao 9 de marzo de 2017.

Pode acceder á información contractual desde o 9 de marzo na Plataforma de contratación do sector público.

Mesa de Contratación

Tamén se regula na lei estatal de contratos o seu funcionamento e composición, no art. 326 e disposición adicional segunda apartado 7. Esta Mesa de Contratación será o órgano competente para a valoración das ofertas presentadas aos concursos licitados e é de existencia obrigatoria.

Os seus membros serán nomeados polo órgano de contratación, e estará constituída por un/a presidente/a, as vogalías que se determinen regulamentariamente, e un secretario ou secretaria, que deberá ser designado entre o persoal funcionario.

A súa composición actual recóllese no BOP do 6 de xullo de 2015, segundo o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión extraordinaria do día 19 de xuño, no quinto acordo adoptado pola dita Xunta.

Publicación mensual da formalización de contratos

Segundo o establecido no art. 154.1 da Lei de contratos, pode acceder á información sobre contratos formalizados desde o 9 de marzo de 2018 na Plataforma de contratación do sector público, e tamén desde a páxina de  Contratos formalizados

Publicación dos contratos menores

Para cumprir co establecido, publícanse os contratos menores con importes iguais ou maiores de 3000€ .

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?