Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
As subvencións outórganse para fomentar unha actividade concreta de utilidade ou interese social, ou para promover a consecución dun fin público determinado.
A posibilidade de acceder a unha subvención realizarase mediante a convocatoria pública, nas que se publican as bases onde se fixan as condicións, os requisitos e os prazos, e que se outorgan en réxime competitivo.
A entidade beneficiaria obrígase a realizar a actividade obxecto da subvención e a xustificar a realización. Á súa vez, a administración ten a obriga de fiscalizar e vixiar a actividade subvencionada, pola contra, ten a potestade de revogar a devandita subvención e esixir a súa devolución.
A xestión das subvencións públicas debe seguir os seguintes principios:
O Concello ten unha ampla oferta de convocatorias de subvencións, que van desde as accións de tipo social, a rehabilitación de vivendas, fomento de actividades de carácter medio ambiental etc.
Podes consultar no seguinte despregable datos que poden ser do teu interese:
Subvencións nominativas municipais
En xeral, pódese dicir que as subvencións nominativas (ou nominais) son aquelas cuxo obxecto, dotación orzamentaria e persoas beneficiarias aparecen recollidas expresamente nos orzamentos municipais anuais nun anexo específico, polo que se poderán conceder de forma directa.
Convocatorias de subvencións municipais 2016
Ordenanzas municipais reguladoras de subvencións específicas
Normativa estatal e autonómica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible