Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Definición e tipos de convenio

colaboración

Hai que partir de que nas relacións entre as administracións públicas debe primar o principio de colaboración, e polo tanto este principio é tamén aplicable ás relacións que, en virtude dun convenio, a Administración poida establecer un acordo de colaboración con outras entidades de carácter privado.

Non existe unha regulación xurídica que defina ou clasifique claramente estes convenios de colaboración. Esta falta de definición xurídica fai que exista unha ampla variedade de criterios respecto da actividade administrativa neste ámbito, e a realidade é que son moitas as relacións que unha Administración instrumenta a través desta figura.

O que si queda claro é que calquera convenio supón sempre un acordo de vontades entre dúas ou máis administracións ou entidades sen ánimo de lucro sobre calquera aspecto no que ambas poden colaborar, cada unha achegando os medios necesarios para desenvolver a actividade acordada.

Ademais da figura do convenio, contémplanse tamén os contratos e as subvencións, cada unha coas súas características específicas. No art. 16 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE do 18 de novembro do 2003), recóllense determinados requisitos que rexen os convenios ou contratos que as administracións públicas poden establecer con entidades colaboradoras para que estas convoquen subvencións.

Como xa comentamos, existe un gran campo da actividade administrativa que se desenvolve mediante convenios. Estes son os máis habituais:

  • Os de colaboración entre administracións, que poden non implicar gastos por parte dalgunha delas.
  • Os de colaboración entre administracións que si levan gastos por parte dalgunha delas, é dicir, aqueles dos que se deriven obrigas económicas. Neste caso, o marco xurídico convencional constitúeno as normas orzamentarias de aplicación ademais das correspondentes leis.
  • Os de colaboración "nominativos", que xeralmente se asinan cunhas determinadas entidades sen ánimo de lucro para desenvolver unha tarefa específica ou programa de prestación de servizos de carácter social. Os ditos convenios están previstos nominalmente nos orzamentos municipais de cada exercicio económico dos concellos e, en xeral, de todas as administracións públicas.

A continuación móstranse os convenios subscritos polo Concello da Coruña referidos aos seguintes anos:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?