Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE confía en que Marea Atlántica apoie a moción para crear un Consorcio Metropolitano de Transporte

O portavoz socialista e o alcalde analizaron temas económicos, urbanísticos e de mobilidade na reunión cordial que mantiveron hoxe

O portavoz socialista, José Manuel García, expresou a súa confianza en que Marea Atlántica apoie a moción presentada polo PSOE para crear un Consorcio Metropolitano de Transporte, tal e como apuntou ao final da reunión que mantivo co alcalde, Xulio Ferreiro. Trátase dunha oportunidade única para avanzar nunha cuestión sen resolver e que interesa á cidadanía coruñesa e a veciñanza da comarca, xustificou.

No transcurso do encontro cordial, que se estendeu por espazo dunha hora, analizáronse distintos aspectos económicos e urbanísticos da cidade. Así, tratouse a disposición do superávit orzamentario co que conta A Coruña para próximos investimentos, centradas en asuntos sociais, entre outras áreas.

Tamén se falou na reunión sobre o desenvolvemento da fachada marítima e a relación do Concello co resto de administracións para definir o proxecto da zona. É moi importante que a voz do goberno e dos grupos municipais sexa escoitada antes de tomar decisións.

Da mesma forma adiantouse a próxima presentación de ordenanzas municipais sobre igualdade e cultura. O portavoz socialista reiterou a vontade política do PSOE, que queda de manifesto na aprobación dos orzamentos a un goberno en minoría. Espera que se axilice a súa execución porque agora non hai execución.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión