O portavoz socialista e o alcalde analizaron temas económicos, urbanísticos e de mobilidade na reunión cordial que mantiveron hoxe
O portavoz socialista, José Manuel García, expresou a súa confianza en que Marea Atlántica apoie a moción presentada polo PSOE para crear un Consorcio Metropolitano de Transporte, tal e como apuntou ao final da reunión que mantivo co alcalde, Xulio Ferreiro. Trátase dunha oportunidade única para avanzar nunha cuestión sen resolver e que interesa á cidadanía coruñesa e a veciñanza da comarca, xustificou.
No transcurso do encontro cordial, que se estendeu por espazo dunha hora, analizáronse distintos aspectos económicos e urbanísticos da cidade. Así, tratouse a disposición do superávit orzamentario co que conta A Coruña para próximos investimentos, centradas en asuntos sociais, entre outras áreas.
Tamén se falou na reunión sobre o desenvolvemento da fachada marítima e a relación do Concello co resto de administracións para definir o proxecto da zona. É moi importante que a voz do goberno e dos grupos municipais sexa escoitada antes de tomar decisións.
Da mesma forma adiantouse a próxima presentación de ordenanzas municipais sobre igualdade e cultura. O portavoz socialista reiterou a vontade política do PSOE, que queda de manifesto na aprobación dos orzamentos a un goberno en minoría. Espera que se axilice a súa execución porque agora non hai execución.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
25 de maio de 2018
O portavoz, José Manuel García, interesouse polos proxectos da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, durante a súa visita á sede da entidade
22 de maio de 2018
21 de maio de 2018
22 de maio de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible