Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE felicita a veciñanza pola renovación da rúa Páramo e comprométese a incluír no orzamento a segunda fase da obra

O portavoz socialista, José Manuel García, visita a vía ao completarse a renovación do primeiro tramo. A veciñanza e os/as comerciantes agradeceron o compromiso do Partido Socialista, que desde 2015 deu pasos para atender esta demanda veciñal avalada por máis de 700 sinaturas

O portavoz socialista, José Manuel García, mostrou hoxe a súa satisfacción pola renovación da rúa Páramo e felicitou a veciñanza e comerciantes polo seu compromiso co barrio. Nunha visita á zona ao completarse a primeira fase dos traballos, destacou o papel fundamental da propia veciñanza e mais dos/das comerciantes para lograr este obxectivo, cunha campaña que iniciaron en 2015 coa recollida de sinaturas para mellorar a vía.

Trátase ademais dun compromiso electoral que o PSOE cumpriu despois de incorporar este proxecto ao seu programa de 2015. O PSOE xa visitou en novembro de 2017 esta rúa con motivo do inicio das obras de renovación e celebrou con comerciantes e veciñanza que este proxecto se facía realidade. Os socialistas xa visitaramos a rúa en marzo do mesmo ano para lles explicar ás persoas residentes na zona os traballos proxectados para esta vía que levaba anos demandando melloras e que agora foron atendidas. Xa entón o portavoz socialista explicou que accións coma esta demostran que é posible sumar para mellorar a calidade de vida e que o PSOE é útil para os veciños e as veciñas.

A veciñanza agradeceu unha vez máis o compromiso do Partido Socialista e o empeño demostrado nesta obra desde que en xaneiro de 2015 visitásemos a rúa para facernos eco da demanda veciñal. Veciñanza e comerciantes recolleran a finais do 2014 máis de 700 sinaturas para lle esixir ao goberno de Negreira a súa renovación. Os socialistas presentamos iniciativas ao pleno que non tiveron resposta e comprometémonos a atender esta demanda no actual mandato, polo que incluímos a obra no noso programa electoral. Foi posible facelo a través das emendas ás contas de 2016 e así o fixemos.

Despois dun longo tempo de redacción do proxecto, a obra saíu a concurso público e así se anunciou no BOP do 5 de xaneiro de 2017. Despois dunha longa tramitación, as obras comezaron en novembro de 2017. A obra tivo un orzamento de 203.401 euros e un prazo de execución de 4 meses. Os traballos consistiron na renovación da rúa, con 166 metros de lonxitude, e en completar os servizos do subsolo.

O obxectivo foi ensanchar as beirarrúas, renovadas con pavimento antiescorregadizo. As beirarrúas son de baldosa ornamental en cores vermella e gris. Mellórase a accesibilidade. Procedeuse á substitución total da calzada de vehículos. Renováronse 325 metros de bordo; 271 metros de canalización de instalacións; 600 metros cadrados de beirarrúa, e 986 metros cadrados de calzada.

Tamén se acometeu a recollida das augas pluviais e instaláronse canalizacións municipais para iluminación e outros usos. Completouse a rede de saneamento e realizáronse canalizacións subterráneas. Instaláronse bocas de rego e hidrantes.

Completouse a mellora da vía con sinalización horizontal e vertical (seguindo o estilo do barrio), coa reordenación de colectores. Ademais, plantáronse sete árbores de especies de pouco crecemento para non molestar as vivendas. Renováronse tamén as ramplas de acceso aos garaxes.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión