Os socialistas Pilar Neira e Juan Ignacio Borrego exixen medidas para poñer fin á precarización laboral, na reunión co cadro de persoal
O PSOE defendeu os dereitos laborais das persoas traballadoras das instalacións deportivas municipais e reclámalle ao Concello da Coruña que faga valer as demandas do cadro de persoal ante a empresa concesionaria dos servizos. Os socialistas temos previsto levar ao pleno esta situación para corrixir un problema que se está a repetir unha e outra vez nas concesións municipais, moi recentemente xa aconteceu cos conserxes do Fórum Metropolitano.
A edil socialista Pilar Neira e o vicesecretario xeral e voceiro da Agrupación Socialista, Juan Ignacio Borrego, mantiveron una xuntanza con representantes dos traballadores das instalacións deportivas municipais e puideron constatar a precarización progresiva das condicións do cadro de persoal. Da mesma maneira, denuncian a actitude discriminatoria contra os/as traballadores/as que encabezan as reivindicacións, así como as dificultades para a conciliación e a imposición de calendarios sen acordo do comité.
A socialista Pilar Neira pregunta onde está a calidade do emprego público e especialmente neste servizo cando non se respectan os dereitos laborais, fanse traslados continuos dos traballadores dunha instalación a outra, con deterioramento do servizo, e non se respecta a bolsa de emprego.
Chama a atención que o Concello teña coñecemento desta situación e non faga nada, nin sequera un novo contrato, pois o actual venceu en agosto de 2016. Por suposto, os socialistas acompañaremos as persoas traballadoras na concentración prevista para o próximo luns en María Pita.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
25 de maio de 2018
O portavoz, José Manuel García, interesouse polos proxectos da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, durante a súa visita á sede da entidade
22 de maio de 2018
21 de maio de 2018
22 de maio de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible