Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Grupo Municipal e a Executiva avogan polo traballo en común en defensa dos intereses da cidade

O portavoz, José Manuel García, e a secretaria xeral do PSOE, Eva Martínez Acón, subliñan o ánimo de traballar para recuperar a confianza maioritaria dos coruñeses. Grupo Municipal e Executiva celebran a súa primeira reunión de traballo en María Pita

O Grupo Municipal e a Executiva Socialista mantiveron hoxe a súa primeira reunión de traballo en María Pita co fin de desenvolver un labor en común na defensa dos intereses da cidade e co ánimo de recuperar a confianza maioritaria dos coruñeses. Tanto o portavoz, José Manuel García, como a secretaria xeral da Executiva, Eva Martínez Acón, subliñaron o novo momento político para o PSOE coruñés e a vontade de sumar esforzos nun proxecto de presente e futuro para A Coruña.

O Grupo Socialista púxose a disposición da Executiva para dar resposta ás propostas do partido e da mesma forma, a Executiva manifestou o seu apoio ao Grupo Municipal na súa tarefa no Concello.

Nesta primeira reunión en María Pita participaron os seis edís de Grupo Municipal, así como o vicesecretario portavoz, Juan Ignacio Borrego; o vicesecretario de Relacións Institucionais, Rafael Arangüena, e a secretaria de Política Municipal, Pilar López-Riobóo, ademais da secretaria xeral.

Na reunión analizáronse os temas de actualidade da cidade, así como outros de interese, como son a mobilidade, o urbanismo, a área metropolitana e os contratos de servizos municipais, entre outras cuestións. Todas elas traballaranse en detalle nas reunións da Executiva e en próximos encontros de traballo entre a Executiva e o Grupo Municipal.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión