Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Partido Socialista reclama melloras na Agra dos Mallos mentres non se urbaniza a zona

O portavoz socialista, José Manuel García, visitou a zona para coñecer as demandas da veciñanza e comprometeuse a levar a pleno a súa situación. As poucas casas habitadas carecen de servizos públicos e na contorna hai vivendas abandonadas que xeran focos insalubres

O Grupo Municipal Socialista visitou a Agra dos Mallos para comprobar que nada se avanzou no desenvolvemento dunha zona pendente de urbanizar, con vivendas entre o centro cívico e o polideportivo da Sardiñeira, unhas baleiras e outras ocupadas, que carecen de beirarrúas para transitar, sen iluminación nin servizos básicos.

O portavoz socialista chamou a atención sobre este espazo a medio camiño da nada, que quedou no limbo da urbanización desta zona da cidade e comprometeuse a levar o asunto ao próximo pleno. José Manuel García visitou o barrio acompañado das edís Silvia Longueira e Pilar Neira en resposta a unha chamada da asociación veciñal dos Mallos, co fin de facerse eco da situación que sofre a diario a veciñanza que vive aquí e as persoas que transitan por este lugar.

No seu percorrido pola zona, os socialistas comprobaron o estado de abandono da Agra dos Mallos, por onde resulta difícil transitar. Ademais, as vivendas non contan con servizos públicos, a pesar de que se atopan xunto ao centro cívico dos Mallos.

Igualmente, na mesma zona quedan vivendas abandonadas e construcións en mal estado que supoñen un risco para as persoas viandantes e xeran focos de insalubridade.

Trátase dun polígono urbanístico pendente de desenvolver, que pode estar afectado tamén pola construción da Estación Intermodal e a transformación urbanística de todo a contorna. O portavoz socialista comprometeuse a interesarse pola situación administrativa da zona para coñecer que está previsto facer e cando.

Ao mesmo tempo, o Grupo Municipal Socialista demandará melloras inmediatas na zona e que desde o Concello se acometan obras e traballos de mantemento no barrio. O obxectivo é que a veciñanza de Agra dos Mallos conte cos servizos mínimos mentres non se leva a cabo o desenvolvemento urbanístico previsto.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión