Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE advirte a Marea Atlántica da parálise da cidade e pídelle que “faga algo”

O portavoz socialista, José Manuel García, lamenta o momento delicado da cidade, sen investimentos a pesar de dispoñer de orzamentos aprobados, con paro e cun goberno sen proxecto

O portavoz socialista, José Manuel García, pediulle a Marea Atlántica que, literalmente, "faga algo" pola Coruña: "Estamos entrando en marzo, o goberno ten todas as ferramentas necesarias, ten os orzamentos desde hai un mes, e a cidade está paralizada".

Nun diagnóstico no que repasou o envellecemento da poboación, a caída da actividade económica, a baixa execución orzamentaria e os datos do paro, o portavoz socialista concluíu o mal momento polo que pasa a cidade e demandoulle ao goberno local que se active porque se perdeu empuxe e a situación roza o dramático. Non nos arrepentimos de apoiar os orzamentos porque agora terían unha escusa para non facer nada e o que lles pedimos é que "fagan algo". A conclusión é que Marea Atlántica non ten proxecto de cidade.

José Manuel García enumerou algúns dos problemas da cidade aos que Marea Atlántica non está a dar resposta. Así, referiuse ao envellecemento poboacional sen que haxa un plan para facer fronte a iso. Tamén sinalou a paralización da actividade económica da cidade, sen que se executen os orzamentos.

Fixo especial mención ao problema da vivenda, con pisos de protección paralizados no Ofimático, sen participar nos programas de alugueiro doutras administracións e co fracaso que supuxo o seu plan de vivenda e o ruído que xerou a adquisición de dous pisos a unha persoa afín á Marea Atlántica. "Non cuestionamos a honorabilidade do funcionariado, pero se o goberno local se equivoca pois debe ser capaz de dar marcha atrás, asinou ante notario a compra duns pisos con medidas inferiores ao esixido e non hai máis que dicir".

Tamén chamou a atención sobre as concesións de servizos públicos e en concreto a referida ao Fórum Metropolitano. Unha vez máis esixiu maior vixilancia para evitar a precarización laboral. Respecto ao Eidus lamentou que avance a paso de boi e que non se desenvolvan as grandes infraestruturas pendentes.

Igualmente reiterou a súa aposta por un formato propio como alternativa ao Fórum Gastronómico para poñer en valor o noso. Que non se faga é outra proba máis de que non hai ideas nin capacidade para desenvolvelas.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión