Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE apoiará as contas do 2018 unha vez que se corrixa o anexo de subvencións ao tecido asociativo

O portavoz socialista, José Manuel García, sinala que o documento non recolle as partidas correctas asignadas a cada entidade e acordou con Marea Atlántica que se solucionará na Comisión de Facenda antes de ir a pleno o día 29. Queda garantido o apoio ás asociacións coruñesas coas partidas que percibiron este ano

O Grupo Municipal Socialista detectou unha serie de deficiencias nos convenios coas entidades que se recollen no orzamento municipal e así llo trasladou a Marea Atlántica, que as corrixirá na Comisión de Facenda, prevista para a próxima semana, co fin de evitar que se atrase a aprobación inicial do documento.

O portavoz socialista, José Manuel García, explicou hoxe que na análise das contas, os socialistas apreciamos un erro no anexo que recolle as subvencións: o documento reproduce as cantidades do orzamento inicial de 2017 e non o documento final cos cambios introducidos nos modificativos aprobados ao longo dos últimos meses deste mesmo ano. Unha vez detectado o fallo, no prazo de 48 horas que o PSOE pediu para testar o orzamento facilitado por Marea Atlántica, trasladouse ao grupo de goberno para corrixilo.

Tal e como indicou o portavoz socialista, Marea Atlántica puxo sobre a mesa varias alternativas para corrixir o documento e finalmente optouse por aprobar os orzamentos en xunta de goberno tal e como están e levalos á Comisión de Facenda da próxima semana cunha emenda que corrixa as partidas e equilibre as contas. Desta maneira non se fai necesario atrasar a aprobación inicial no pleno previsto para o día 29 e garántese que as entidades perciban as cantidades deste ano.

José Manuel García reiterou o compromiso do PSOE de apoiar as contas neste pleno, unha vez que se corrixan as subvencións.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión