Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE constata que o plan de vivenda de Marea Atlántica é un absoluto fracaso

O edil José Manuel Dapena valora de modo positivo que nas comisións se decidise a revisión do expediente de compra dos pisos para depurar erros

O Grupo Municipal Socialista reafirmou hoxe nas comisións de Transparencia e Urbanismo o fracaso absoluto do Plan de Vivenda de Marea Atlántica, o que for o seu proxecto estrela nos orzamentos do 2017. O edil José Manuel Dapena advertiu desta circunstancia ao final das reunións informativas mantidas para analizar o proceso de compra dun local comercial como vivenda por parte do goberno municipal.

"A árbore non nos debe impedir ver o bosque: o incidente dos pisos mercados supostamente sen cumprir os requisitos esixidos non ha impedir observar o fracaso deste proxecto estrela do goberno local; dos 1,3 millóns de euros dedicados a este plan só se investiu unha cuarta parte en seis pisos", explicou metaforicamente o concelleiro socialista.

José Manuel Dapena valorou que en resposta á demanda formulada polo PSOE se convocase a comisión de urbanismo e que nela se acordase a revisión dos expedientes para depurar os eventuais erros que puidesen cometerse no proceso de compra das vivendas.

Tamén deixou claro o respecto absoluto ao labor do funcionariado por parte do PSOE. "A honestidade do funcionariado non está en dúbida e desde o PSOE defendemos a profesionalidade das empregadas e empregados públicos". En todo caso, Marea Atlántica e o goberno municipal deben aclarar a "desafortunada casualidade" de que se compren dúas propiedades que indiciariamente non cumpren requisitos das bases da convocatoria tales como a superficie útil ou a condición de vivenda e non local comercial ou oficina.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión