O portavoz socialista, José Manuel García, denuncia que somos unha das cidades máis penalizadas polo PP nos últimos anos
O PSOE considera que os Orzamentos Xerais do 2018 son unha decepción para a cidadanía coruñesa, cuns investimentos previstos por baixo das necesidades da cidade e con actuacións que se alongan no tempo ou nin sequera se recollen nas contas públicas.
O portavoz do Grupo Municipal Socialista, José Manuel García, cualificou de "decepción enorme" as partidas comprometidas e advertiu de que o Goberno de España realiza unhas compensacións territoriais nas que nin Galicia nin A Coruña parecen estar.
O portavoz socialista lamenta que dentro de Galicia, incluso A Coruña resulta prexudicada, ao ser unha das cidades máis penalizadas e con menos investimento durante os últimos anos. Nesta liña, chama a atención sobre os prazos para o tren ao porto exterior, unha infraestrutura vital que xa entrou en servizo e que non terá ferrocarril ata dentro doutros cinco anos, e sempre que se cumpran as previsións actuais, o que tampouco está garantido.
Se non hai ferrocarril non hai porto exterior operativo ao 100 por cento, o que tamén afectará á liberalización dos peiraos interiores e ao seu desenvolvemento.
Outros proxectos como a remodelación de Alfonso Molina e o Viario 18 poñen de manifesto a falta de compromiso do Partido Popular coa mobilidade na cidade e coas grandes infraestruturas, pois atrásanse os investimentos de tal forma que ningún dos proxectos será realidade na seguinte lexislatura. Todo o que ten que ver coa mobilidade está a sufrir mala planificación e atrasos.
Desta forma, o PP colocou A Coruña, unha vez máis, á cola das súas prioridades nunhas contas que fan languidecer os proxectos, que aparecen ano tras ano nos Orzamentos Xerais do Estado pero que non se executan.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
25 de maio de 2018
O portavoz, José Manuel García, interesouse polos proxectos da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, durante a súa visita á sede da entidade
22 de maio de 2018
21 de maio de 2018
22 de maio de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible