Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE faise eco das queixas veciñais pola redución do prazo para renovar as tarxetas de residentes para estacionar

As persoas automobilistas que non renovasen a tarxeta poden ser multadas por estacionar no mesmo sitio que o facían ata agora

O Grupo Municipal Socialista faise eco das queixas veciñais que se produciron nos últimos días pola decisión do goberno municipal de reducir o prazo para renovar as tarxetas de residentes para estacionar en zona verde. De feito, o prazo finalizou onte, último día de xaneiro, cando en anos anteriores o prazo estendíase ata finais de febreiro. Isto motivou protestas entre a veciñanza, e algunhas destas persoas colocaron notas nos vehículos advertindo a outros/as usuarios/as (achégase fotografía).

A redución do período de renovación e a falta de comunicación do Concello motivou que moitas persoas beneficiarias desta tarxeta non a renovasen a tempo e agora estean coa ameaza de ser multadas por estacionar no mesmo sitio no que si podían facelo onte.

Aínda que a tarxeta de residente pódese solicitar en calquera momento, sempre que se cumpran os requisitos e se presente a documentación necesaria, o problema xorde para os/as automobilistas que renovan esta tarxeta, porque agora encóntranse con que a súa caducou e non poden estacionar en zona verde ata que reciban a nova.

Se se trata dunha persoa automobilista que solicita por primeira vez a tarxeta, tamén a pode tramitar en calquera momento, pero non poderá aparcar en zona verde ata que conte coa citada tarxeta.

Ante esta situación de falta de información e queixas das persoas usuarias que non puideron renovar a súa tarxeta a tempo para garantir que poden seguir aparcando en zona verde sen risco a ser multadas, o PSOE formulará preguntas escritas no pleno para interesarse polos motivos que levaron a recortar o prazo de renovación e a resposta ás protestas veciñais.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión