Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE formula que institucións como Padre Rubinos xestionen os centros de baixa esixencia para sen teito e non empresas privadas

O portavoz socialista, José Manuel García, critica que Marea Atlántica entregue a xestión deste servizo a unha empresa e non a unha entidade do terceiro sector: "Non hai marco socialdemócrata no mundo que o entenda". Fai valer a importancia dos convenios municipais para garantir o funcionamento das entidades sociais e a súa actividade

O Grupo Municipal Socialista volveu mostrar o seu rexeitamento á xestión privada do centro de baixa esixencia de Monte Alto. Nunha visita á institución Padre Rubinos o portavoz socialista, José Manuel García, criticou a decisión de Marea Atlántica cando o terceiro sector da cidade demostrou capacidade, experiencia e saber facer para asumir estas funcións e puxo como exemplo diso o programa Calor e Café e o albergue de Padre Rubinos.

"Non hai marco socialdemócrata no mundo que entenda que se lle dea a unha empresa privada a xestión dos senteito; esperemos que Marea Atlántica rectifique máis rápido que tarde e que cos novos fondos destinados a este fin se busque outra solución... Marea Atlántica non contará co apoio do Partido Socialista para ningunha modificación orzamentaria se non adecúa a xestión destes centros de baixa esixencia co terceiro sector", adiantou José Manuel García.

A visita, na que o portavoz estivo acompañado polo edil socialista José Manuel Dapena, permitiu coñecer en profundidade as instalacións, o seu funcionamento e os distintos servizos que ofrece o instituto benéfico. Así mesmo, durante o percorrido, o PSOE interesouse polas novas demandas e necesidades que desde o Concello se poden atender para seguir mellorando a atención social que prestan.

Neste sentido, José Manuel García fixo valer o propósito do PSOE para que as axudas ao terceiro sector se consoliden dentro do orzamento municipal. O Grupo Municipal Socialista defendeu desde sempre a importancia de manter os convenios coas entidades da cidade para facer posible unha actividade necesaria para facer unha Coruña máis social, máis solidaria e máis comprometida.

Por iso a principal condición do PSOE para apoiar as contas municipais foi a de garantir os convenios con institucións como Padre Rubinos, que este ano recibirá 350.000 euros para o funcionamento das instalacións, financiar as súas actividades e para a escola infantil.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión