Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE garante que os orzamentos de 2018 manterán os convenios con entidades deste ano

O portavoz socialista sinala que a principal demanda foi renovar as subvencións para o tecido asociativo e ampliar o programa de bolsas en 570.000 euros. Descoñece o motivo do atraso na aprobación das contas para pesar do esforzo do PSOE por sacalas adiante. José Manuel García felicita a Valentín González Formoso como novo secretario provincial do PSdeG e anima a sumar para un partido máis forte

O Grupo Municipal Socialista garantiu o mantemento dos convenios nominativos deste ano no Orzamento de 2018, así o adiantou hoxe o portavoz, José Manuel García. En rolda de prensa advertiu de que o goberno local aínda non lles facilitou copia das contas aos socialistas, pero asegurou que nas negociacións previas está o compromiso de renovar os convenios e as subvencións de 2017 para apoiar o tecido asociativo da cidade.

Foi a principal demanda exposta polos socialistas porque así nolo trasladaron as entidades coruñesas. Os convenios son fundamentais para apoiar a actividade da Coruña nos ámbitos social, deportivo, cultural, veciñal, empresarial e comercial, apuntou o portavoz socialista.

Ademais de garantir os convenios co tecido asociativo, o PSOE formulou a incorporación de proxectos, como é o caso das bolsas por un importe global de 570.000 euros que se suman ás partidas xa existentes. Desta cantidade, 400.000 euros son para bolsas á mocidade menor de 30 anos co fin de loitar contra o desemprego. Outros 120.000 euros destínanse a bolsas de excelencia cultural e os 50.000 euros restantes son para ampliar o número de persoas beneficiarias das Bolsas USA.

José Manuel García mostrou a súa confianza en que Marea Atlántica respecte estes acordos nas contas, que espera recibir nestes días para garantir que os orzamentos se aproban inicialmente antes de finalizar o ano. Os socialistas fixemos un esforzo por facilitar a aprobación do documento e descoñecemos os motivos do atraso, porque o noso desexo é que entrasen en vigor o 1 de xaneiro de 2018.

PSdeG provincial

Doutra banda, o portavoz socialista felicitou a Valentín González Formoso como novo secretario xeral do PSdeG na provincia da Coruña e animou a todos a seguir traballando por un partido máis forte pensado nas próximas eleccións municipais.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión